" />

7 novos casos de Coronavirus en Lugo elevan o total de contaminados a 26

Os datos das persoas contaminadas polo andazo arestora no noso país ascenden a 292, deles 26 casos pertencen a Área de Lugo.

Das provincias galegas, a nosa e a que menos afectados mantén, non así as das áreas nas que o Sergas ten dividido o país; neste caso, Ferrol, con sete casos é a área menos afectada.

Dende o domingo  en que se contabilizaron nove casos, pasamos a dezaseis onte luns e hoxe o total dos contaminados ascende a vinte e seis. Houbo un lixeiro aumento con respecto ao acontecido onte.

Sanidade lembra que os doentes graves deben chamar ao 061 e para síntomas leves ou consultas o número é: 900 400 116.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo