72 pilotos participarán no Rally da Mariña

O deputado de Deportes presentou esta mañá a primeira edición do Rally da Mariña Lucense, que se disputará o vindeiro sábado nos concellos de Viveiro, Xove, Cervo e O Vicedo. A carreira, que levará por primeira vez á comarca unha competición do Campionato Galego de Rally, reunirá na súa estrea 72 pilotos entre os que destacan Iago Caamaño, Alberto Meira ou o lucense Adrián Díaz.

O deputado subliñou “a boa acollida que a proba tivo entre os pilotos” e amosouse confiado en que “veña para quedarse” no calendario do automobilismo galego e “cubrir un oco que ata agora estaba baleiro na Mariña pese a  afección ao motor que hai na comarca, coma no resto da provincia e mesmo Asturias, de onde seguro tamén chegarán siareiros”.

O presidente da escudería Mix Rally Sports, Ignacio Davila, sinalou que “os pilotos que recoñeceron os tramos quedaron moi satifeitos co percorrido e transmitíronnos azos para seguir apostando por estes emprazamentos noutras edicións”. Tamén fixo un chamamento a “cumprir as medidas de seguridade e respectar as indicacións dos organizadores da proba”, na que colaboran máis dun cento de efectivos entre axentes das forzas de seguridade e voluntarios.

Ao acto de presentación, asistiron tamén o delegado da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, os alcaldes do Vicedo e Xove, Jesús Novo e Demetrio Salgueiro, e o concelleiro de Deportes de Cervo, David Rodríguez.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com