" />

80 parados comezan a traballar no programa “Ben Empregado II” da Deputación

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Deputado de Promoción Económica e Social, Álvaro Santos Ramos, recibiron este mércores a 80 lucenses desempregados que resultaron beneficiados do Ben Empregado II. Fixérono durante a xornada informativa que tivo lugar no Salón de Actos do Pazo de San Marcos con motivo da súa inmediata incorporación laboral. No encontro, tamén participaron representantes das entidades e colectivos da provincia nos que comezan xa traballar.

Campos informou que a Deputación vén de abrir o prazo de solicitude para outros 70 postos de emprego desta programación. Son traballos en diferentes  sectores e en empresas e asociacións de toda a provincia. Por exemplo, carpinteiro (A Fonsagrada), peón agrícola (A Pastoriza), camareiro (Castro de Rei), mecánico (Barreiros), peluqueiro (Cervo), asesor laboral e fiscal (Samos), entre outros. Podes consultar a listaxe na seguinte ligazón: http://bit.ly/1MzV5ir

As solicitudes realízanse no Rexistro da Deputación ata o 19 de novembro. Toda a información está publicada en www.deputaciónlugo.gal. Para consultas pódese chamar a 982-260-222 e 982-260-085, ou ben enviar un correo electrónico a benempregado2@deputacionlugo.org.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo