" />

800 escolares participarán no proxecto divulgativo sobre o medio mariño que impulsa a Deputación

O proxecto divulgativo Mar interior: un océano de oportunidades no corazón de Galicia, posto en marcha a través dunha colaboración entre a institución provincial e o Centro Oceanográfico de Vigo, arrincará o vindeiro 17 de febreiro, ás 20:00 horas, no Pazo de San Marcos coa charla A ameaza dos plásticos para o medio mariño, a cargo de Jesús Gago. Este proxecto inclúe ata o 22 de febreiro a exposición do proxecto Oceánicas, na sala de exposicións da Deputación, e diferentes obradoiros gratuítos destinados principalmente a escolares de Educación Primaria e ESO, aínda que tamén poderán asistir, a estes mesmas actividades en horario de tarde, todas as persoas interesadas.

Nos obradoiros en xornada de mañá, participarán preto de 800 alumnos e alumnas de 20 centros educativos, para os que a Deputación financia o transporte dos escolares ata o Pazo de San Marcos. Este proxecto trasladarase á Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos do 23 ao 29 de marzo.

As actividades dirixidas a escolares de ESO baixo o nome, Pescando a ciencia, incluirá tres obradoiros no que coñecerán a metodoloxía para diferenciar especies; sesións prácticas e talleres de oceanografía e lixos mariños.

Os participantes de Educación Primaria na actividade Viaxe ao Centro do Oceanográfico poderán recoller mostras de microalgas ou flores de cromatografía; aprenderán como a ciencia obtén peces sans, saudables e de maneira sostible e ademais poderán concienciarse en como o estudo e a protección dos ecosistemas profundos mellora a sostibilidade das pesquerías de alta mar.

Ao longo da semana en horario de tarde tamén haberá un taller máis, Oceanoteca, dirixido a achegar a vida mariña aos máis pequenos a través de actividades lúdicas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo