8M: As mulleres seguimos aquí

Co gallo do día internacional da Muller son moitas as administracións e institucións de todo tipo que reivindican mellores condicións e máis dereitos para un colectivo que hoxe celebra un 8M agridoce, . Malia a programación dalgunhas manifestacións, dende numerosos colectivos feministas chámase tamén á prudencia, e a ter en conta a existencia e perigosidade do virus. 

Entre as administracións que ano tras ano reivindican a loita feminista está o Concello de Lugo que, hoxe, como cada ano, reiterou o seu compromiso coa consolidación da igualdade entre mulleres e homes, plena e efectiva, esencial para o avance da sociedade e a mellora da democracia. Por iso, dentro da programación organizada pola área de Muller, con motivo desta efeméride, a alcaldesa de Lugo, presidiu o acto no que a edil de Muller, Igualdade e Xuventude, Ana González Abelleira, deu lectura, acompañada por un representante de cada formación política que forma parte do Concello dunha Declaración Institucional aprobada polo Pleno de forma unánime.

Doutra banda a deputada do BNG no Parlamento Galego, Olalla Rodil, participaba esta mañá na concentración convocada pola CIG diante do edificio multiusos da Xunta de Galicia, onde afirmou que é preciso dignificar os traballos de coidados, que a situación sanitaria demostrou que son esenciais. Olalla Rodil animou a todas as mulleres a reivindicar condicións de traballo dignas e xustas e a defender a diario os dereitos das mulleres nos centros de traballo e nas rúas.

Tamén a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, animaba hoxe a todas as mulleres da provincia a loitar polos seus soños e a defender os seus dereitos. A subdelegada afirmou que malia que a crise sanitaria impide convocar actos marios no día de hoxe, as mulleres, non deben quedar caladas. Algo que resaltaron en moitas das declaracións institucionais lidas hoxe é o empeoramento da situación da muller coa pandemia. Moitas mulleres tiveron que deixar os seus traballos para ser coidadoras de anciáns e nenos coa crise da Covid, e Isabel Rodríguez lamentou precisamente esa barreira que supón a pandemia na loita pola igualdade.

Tres exemplos de tres mulleres que, coma outras moitas, hoxe unen a súa voz para reclamar o que foi silenciado dende hai anos. Moitas reivindicacións, en plataformas, en fiestras, nas rúas e nas institucións. A nivel público e privado. Pero hoxe, as presuntas culpables dunha pandemia mundial, hai un ano; berramos polas que onte, foron meigas, asinaron como Anónimo ou cedéronlle aos homes do seu redor os méritos que elas conseguían.

Hoxe é xornada de folga de mulleres; xornada, dende Xornal de Lugo levamos anos apoiando e defendendo. Pero se hoxe estamos aquí é porque temos craro que a reinvidicación, este ano, non pode ser nas rúas, senón que ten que ser dende as casas. Porque si, as mulleres seguimos loitando por unha igualdade real e efectiva, e por iso, dende todos os que conformamos Xornal de Lugo, queremos dar a nosa voz por todas as mulleres que hoxe non poden berrar nas rúas. Porque as mulleres, SEGUIMOS AQUÍ.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com