9 autónomos e PEMES traballan co Plan de Roza do Goberno da Deputación en estradas de 12 Concellos

O Vicepresidente e Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez Núñez, informou este xoves que 9 autónomos e PEMES están a traballar a través do Plan de Roza do Goberno da Deputación en 12 Concellos, acondicionando o conxunto de estradas provinciais que discorren polos mesmos. Martínez Núñez supervisou estas actuacións na LU-P- 1203, de Paderne por Francelos e Suegos, no Concello de Castroverde, acompañado polo Alcalde, Xosé María Arias.

Os 9 autónomos e PEMES contratados a través do Plan de Roza están a traballar nos seguintes 12 Concellos: O Vicedo, Viveiro, Foz, Muras, Barreiros, Ribadeo, A Pontenova, Guitiriz, Pol, Friol, Fonsagrada e Castroverde. Martínez Núñez explicou que “nos vindeiros días, novos profesionais comezarán a traballar a través do Plan de Roza, pois, ata o momento, contratamos, con 400.000 euros, estas actuacións a 15 autónomos e PEMES, que as executarán na totalidade de estradas provincias de 40 Concellos. Haberá novas adxudicacións, posto que tamén levamos o Plan de Roza aos restantes 27 Concellos da provincia, con outros 400.000 euros, achegando un total de 800.000 euros a esta programación coa que actuamos nos máis de 4.200 quilómetros da rede viaria provincial máis extensa de España e que discorre polos 67 Concellos da nosa provincia”. A roza é mecánica e manual, é dicir, non se emprega ningún tipo de axente químico a diferenza doutras administracións, co obxectivo de protexer e respectar o medio ambiente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com