Un home impacta co seu coche nun inmoble da rúa Conde e dá positivo na proba de alcolemia

Un vehículo impactou hoxe ás catro da madrugada contra un inmoble situado na confluencia da rúa Conde coa Ronda da Muralla. Segundo informou a Policía local, o condutor é un home de 58 anos que deu positivo nas probas de alcolemia, polo que o caso está a ser tramitado pola vía penal. A súa acompañante, de 48 anos, resultou ferida e tivo que ser trasladada ao Hula. O incidente provocou danos no mobiliario urbán, concretamente en bolardos, nun semáforo e na fachada do inmoble.

Non foi o único sinistro rexistrado hoxe na cidade de Lugo. Ás sete da mañá produciuse un atropelo no paso de peóns na confluencia da Ronda de Fontiñas coa Rúa Sanxillao. Unha muller de 59 anos resultou ferida leve e tivo que ser trasladada ao Hospital Virxe dos Ollos Grandes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com