Dúas persoas feridas nunha colisión entre dous vehículos na N-VI, no Corgo

Dúas persoas resultaron feridas nun accidente de tráfico rexistrado na estrada N-VI, á altura da Casa do Concello do Corgo, tras colidir dous vehículos.

Como consecuencia do impacto, a condutora dun dos coches quedou atrapada no interior do turismo, polo que foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Sarria para proceder á súa liberación.

Unha vez rescatada, recibiu asistencia sanitaria no lugar do accidente e foi trasladada a un centro hospitalario, ao igual que a outra persoa ferida na colisión.

No operativo participaron efectivos dos Bombeiros de Sarria, unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que atendeu as dúas persoas afectadas, e unha patrulla da Garda Civil de Tráfico, encargada das actuacións correspondentes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com