Comeza a conta atrás para que Lugo viaxe ao seu pasado histórico

35 días. Ese e o tempo que queda para que a cidade de Lugo dea un axigantado paso hacia atrás e se remonte, por arte de maxia e moito traballo, 2.000 anos atrás. Un período histórico de convivencia na cidade entre romanos e castrexos que conformou a cidade que hoxe coñecemos. Só 35 días para poder volver a sacar os traxes do armario e gozar de tres días de Arde Lucus. Suman xa 17 edicións e, ano tras ano, vai acadando máis recoñecementos, así o ano pasado conseguiu o título de Festa de Interese Turístico Nacional e, en tres anos, podería acadar o seu homónimo internacional.

O certo é que esta festa organizada polo Concello, non crecería do mesmo xeito sen as 17 asociacións de recreación histórica da cidade que estudan o noso pasado e traballan todo o ano na montaxe e creación de novos aparellos, obradoiros, actividades e representacións. Tampouco sería o mesmo esta festa sen a participación de propios e extranos que chegan cada ano á cidade e enchen os locais hostaleiros de toda a provincia.

Así o destacou a alcaldesa da cidade quen destacou as grandes novidades da programación que haberá este ano e que compoñen o 90% das 350 actividades plantexadas para gozar desta festividade entre o 15 e o 17 de xuño.

A rexedora, quen fixo un convite a mergullarse na historia e pecorrer o recinto amurallado, onde se pode gozar dun pasado máis vivo ca nunca; fixo fincapé na implicación, unha das peculiaridades destes festexos. “De feito, se o Arde Lvcvs se fixo grande estes 17 anos foi grazas á participación, ben do o conxunto da cidadanía luguesa, de axentes sociais, de colexios, de clubs deportivos, organismo privados a través do patrocinio, Deputación de Lugo, e por suposto, das 17 asociacións de Lugo, que levan a cabo unha recreación histórica fidedigna en torno aos seus campamentos, que sosteñen un gran número de actividades da programación das festas”, aclarou a alcaldesa. Nesta liña aproveitou para felicitar a Lugdunum, Terra Copora e Tig Na N`og, polo seu décimo aniversario.

Festas libres de sexismo

Como gran novidade, este ano o Arde Lucus estrea os Puntos de Información Segura que estarán repartidos por toda a cidade e sinalados no plano do programa. Estes puntos que se situarán nas diferentes instalacións municipais que permanecerán abertas durante os festexos serán unha fiestra de axuda para todas aquelas mulleres que se poidan sentir vítimas de acoso ou abusos. No programa estarán sinalizados coa icona dunha man aberta. Tanto nestas instalacións como nos teléfonos que aparecen no folleto informativo das festas, todas as mulleres poderán sentirse seguras ante calquera tipo de agresión.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com