Pechado temporalmente o tramo do paseo do Miño entre o Balneario e o Restaurante O Muíño pola crecida do cauce fluvial

A Policía Local, procedeu este luns ao peche do tramo do paseo do Miño entre o Balneario e o antigo Restaurante O Muíño pola crecida do río ao seu paso pola cidade. Dende a área de Transición Ecolóxica sinalan que deberá evitarse o paso peonil mentres non se poida transitar con seguridade por esta zona.

 A estación de aforo do río Miño en Lugo acadou este luns o nivel laranxa, tal e como informou a Confederación Hidrográfica Miño-Sil. A intervención responde, así mesmo, ao aviso da Dirección Xeral de Emerxencias que mantén activado o Plan Especial para o risco de inundacións en Galicia, en fase de preemerxencia, en previsión de crecidas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com