O cantautor Alfredo González Vilela retorna Galicia

Despois de 50 anos vivindo en Cataluña, onde desenvolveu a súa traxectoria persoal, laboral e artística, o cantautor, nado en Becerreá, anunciou o seu regreso a Galicia, a súa terra natal, para reencontrarse coas súas raíces, coa súa lingua e coa súa cultura.

Durante este medio século, Cataluña foi o seu fogar e o escenario dunha parte fundamental do seu percorrido vital e musical. Alí coñeceu numerosas persoas e compartiu proxectos, ilusións, experiencias e sentimentos que, segundo expresa, permanecerán para sempre na súa memoria.

Ao longo da súa traxectoria como cantautor, participou na creación e no desenvolvemento de diferentes formacións musicais, entre elas Petapuco, Raxanalousa, Zoa, Dúo Lembranzas e Dúo José e Alfredo, achegando o seu traballo, ilusión e compromiso coa música e coa cultura.

O seu regreso a Galicia supón así unha nova etapa marcada polo reencontro coas súas orixes, sen esquecer os vínculos persoais, artísticos e culturais construídos durante cinco décadas en Cataluña.

Nuha carta de despedida, o cantautor expresa o seu agradecemento ás amizades e ás entidades culturais catalás coas que compartiu este camiño, así como a todas as persoas que formaron parte da súa vida e da súa experiencia musical durante estes 50 anos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com