O BNG reivindica a protección do Paseo do Rato fronte ao proxecto da Rolda Leste

O BNG de Lugo organizou esta mañá unha ruta polo Paseo do Rato para defender a conservación da contorna fluvial e do cinto verde da cidade. A iniciativa reuniu ducias de persoas e enmárcase na campaña da formación contra o proxecto da Rolda Leste, que, segundo o BNG, afectaría a este espazo natural.

A formación nacionalista presentou emendas aos orzamentos da Xunta para 2027 co obxectivo de reorientar os dous millóns de euros previstos para a continuación da Rolda Leste cara á creación do Gran Parque Central, na contorna da actual estación de autobuses.

A proposta contempla un espazo peonil e verde de máis de 27.000 metros cadrados, conectado coa Muralla e co casco histórico. O proxecto incluiría tamén un aparcadoiro subterráneo e unha parada para as liñas interurbanas, co propósito de facilitar o acceso ao centro da cidade.

O BNG defende que a conservación do cinto verde e a creación do novo parque son compatibles coa mellora da mobilidade e da calidade de vida en Lugo, fronte a unha actuación viaria que considera que poñería en risco parte do patrimonio natural da cidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com