O programa inclúe palestras, obradoiros e un concerto con profesionais da música tradicional de Galiza, Portugal, Brasil e Cabo Verde.
As actividades desenvolveranse no Pazo de San Marcos, no auditorio da Facultade de Veterinaria e na Casa do Saber da USC. A iniciativa busca fomentar o intercambio cultural e crear unha comunidade de canto colectivo entre mulleres lusófonas.
A participación nos obradoiros require inscrición previa a través das redes sociais de @galeguiacanto
Programa destacado:
- Venres 13: palestras e obradoiros de canto colectivo, canción popular lusófona, adufe e pandeireta no Pazo de San Marcos.
- Sábado 14: novas palestras e obradoiros no Pazo de San Marcos e na Facultade de Veterinaria. Ás 19:00 horas, concerto de Vânia Couto e Xoán Fuertes, acompañados por outras artistas e agrupacións participantes.
- Domingo 15: ás 11:00 horas, xuntanza na Casa do Saber da USC para as persoas interesadas en crear un grupo de canto colectivo que reúna repertorios populares da lusofonía.






