Reprogramación das actividades do Samaín polo Concello de Lugo

As actividades de Samaín previstas para os días 30 e 31 de outubro en Lugo reprogramaranse, con motivo das xornadas de loito decretadas polo accidente ferroviario, para o domingo 1 de novembro, agás as propostas canceladas e o concerto de Broken Peach, que se traslada ao 6 de decembro.

Programación actualizada:

  • Samaín infantil: de 10:00 a 14:00 horas, na Praza de Abastos.
  • Túnel do Medo: de 17:00 a 19:00 horas, para público familiar, e de 19:00 a 21:00 horas, para adultos, no aparcadoiro do Concello.
  • O rastro dos espíritos: ás 17:00 horas, no aparcadoiro do Concello.
  • Ouveos e cairos (flashmob): de 18:00 a 20:00 horas.
  • O son das ánimas (concurso musical): ás 18:00 horas, no aparcadoiro do Concello.
  • Segredos de Intramuros (ruta Guido): ás 19:30 horas, na Praza do Cantiño.

Actividades canceladas: Factoría de personaxes e Percusión ancestral.

Concerto de Broken Peach: celebrarase o domingo 6 de decembro, ás 21:00 horas, no templete da Praza Maior.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com