O candidato do PP á Alcaldía de Viveiro, Óscar Rodríguez, presentou hoxe unha candidatura “centrada en Viveiro” para conseguir gobernar a cidade os vindeiros catro anos. Así, o slogan dos populares para a a campaña será “Centrados en Viveiro”.
Os integrantes da candidatura representan, como destaca o cabeza de lista, un equipo leal e comprometido no que están representados todos os sectores e sensibilidades do municipio. “Conseguimos facer unha lista que defenderá un proxecto no que todos os veciños e veciñas se verán representados”, precisa.
Óscar Rodríguez avanza ademais que están a ultimar o programa co que concorrerán ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio, que darán a coñecer nos vindeiros días. “Non vai ser un programa con promesas como o dos outros partidos, senón un contrato que imos asinar cos cidadáns e que nos comprometemos a cumprir”, subliña.
A lista
- Óscar Rodríguez Blanco
 - José Soto Martínez
 - Teresa Pérez Rodríguez
 - Imma Nespereira Domínguez
 - Javier Teijeiro López
 - Antonio Lage Seara
 - Alicia Meitín Cordido
 - Vicente Vázquez Chao
 - Belén Corral Mera
 - David Piñeiro Rey
 - Valentín Mera Sánchez
 - Elena González Eijo
 - Magud Lara Aranda
 - Juan José Quelle Fra
 - María Luisa Soto Vázquez
 - Jaime de Olano Vela
 - Marta Pérez Lage
 - Felipe López Fernández
 - Carlos Martínez Fernández
 - Mariña Gueimunde González
 

	


