O encontro celebrado en Ponferrada analiza as carencias en infraestruturas, o illamento ferroviario, o reto demográfico, o turismo e a sanidade.
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o presidente da Junta de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco, participaron no III Foro Ancares. Os retos do Noroeste, celebrado no Castelo dos Templarios, en Ponferrada, para analizar os principais problemas que comparten ambos territorios e abordar posibles vías de solución.
No encontro tamén estiveron presentes o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, e a conselleira do Medio Rural, María José Gómez.
O foro, moderado polos directores de Diario de León Joaquí S. Torné e El Progreso de Lugo Alfonso Álvarez Riveiro, centrou o debate nas dificultades estruturais que afectan ao noroeste peninsular. Entre as cuestións abordadas figuran as deficiencias nas infraestruturas de comunicación, o illamento ferroviario e a necesidade de novas vías por estrada.
O reto demográfico, o desenvolvemento turístico e a prestación dos servizos sanitarios completaron os principais eixes de reflexión dunha xornada orientada a identificar problemas comúns e formular propostas para mellorar a conectividade e as condicións de vida neste territorio.
A celebración do foro volve situar no debate a cooperación entre Galicia e Castela e León ante desafíos que afectan especialmente ás zonas rurais e de montaña, marcadas polas dificultades de comunicación, a dispersión da poboación e o acceso aos servizos públicos.
Rueda, Candia e






