Santos pide explicacións a Caballero: “por que a Deputación precisa un cambio de rumbo?”

O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, instou esta mañá a Gonzalo Caballero, dirixente do seu partido en Galicia, a explicar os motivos que o levaron a afirmar que a Deputación Provincial de Lugo precisa un “cambio de rumbo”.

Era Caballero onte quen pedía aos socialistas lucenses que puxeran “as prioridades” a disposición da organización galega para “abrir novos tempos” na administración provincial, logo de que Darío Campos, actual presidente do Executivo en funcións, e o alcalde de Monforte, José Tomé, estean na carreira para dirixir a administración.

Santos Ramos foi claro esta mañá e cuestionouse estas declaracións  do líder do PSdeG instándoo a explicar “qué hai que cambiar” logo de lembrar que o actual goberno en funcións vén de abrir dúas residencias de maiores, “con outras próximas a abrir, outras como Pedrafita que abrirá nas vindeiras semanas, non sabemos se ese  é o rumbo que hai que cambiar”.

“Non sei se haberá que cambiar o rumbo de centos e centos de quilómetros aglomerados de estradas provinciais, non sei se hai que cambiar o rumbo do centro de Recría, pioneiro en Galicia e en España. Non sei se haberá que cambiar o rumbo da Deputación que xerou máis de 2.000 empregos nos últimos anos”, cuestionábase o socialista lucense quen tamén lembrou outras actuacións do executivo como a teleasistencia gratuita, ou a “provincialización dos parques de bombeiros”.

“E todo eso -engadiu- pese a unha situación política extremadamente complexa na que houbo anomalías pero que non foron provocadas por Darío Campos”, defendeu Santos Ramos; pouco antes de respaldar ao actual presidente en funcións, Darío Campos, na súa loita polo sillón presidencial.

Novas relacionadas

  1. Antón de Guizán
    Xuñ 14, 2019 - 09:15 PM

    Não sei de quem será a responsabilidade pero o “cacharrismo” sigue instalado na provincia de Lugo. As declarações de Santos denotan o medo a perder os postos e de paso computa os méritos polo asfalto e os centros de velhos. Só mudarom os actores pero nada tem cambiado no esencial…

    Reply
    • Javier Glez Glez
      Xuñ 14, 2019 - 09:48 PM

      Antón perdoa que non entenda moi ben a túa lingua, pero non se di ” velhos” ( isa palabra é para os coches, as casas) os outros son mulleres e homes de idade avanzada no noso idioma denominanse ” maiores”.

      Reply
    • Antón de Guizán
      Xuñ 15, 2019 - 06:47 AM

      A palavra velhos, em Galiza, não tem significado peiorativo, senón que é um apelativo carinhoso e que se di de sempre, (os nosos velhos). Ao igual que de onde procedo, a um rapaz se lle dí um cativo ou um pícaro, a um maior se lhe di velho sem problema ningún. Igual o “viejos” são os trapos. Os nosos maiores são velhos sem problema ningún. A velhez é algo natural e não há que ver nada mao em fazer-se velho, ao contrário.

      Reply
  2. Antonio Castro
    Xuñ 14, 2019 - 07:41 PM

    O SECRETARIO XERAL TEN QUE ,FALAR CON EMPRESARIOS, COMERCIANTES,GANDEIROS,MARIÑEIROS,MÉDICOS,ENSINANTES,
    SABER DOS PROBLEMAS REAIS DAS NOSAS XENTES, PREPARAR UN PROGRAMA CREÍBLE,
    MENOS METERSE NO ORGÁNICO,QUE FUNCIONA, E FACER UN POTENTE EQUIPO PARA AS AUTONÓMICAS,
    E TER EN CONTA CO TEMPO E A MAREA, PASA E NON ESPERA.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com