Unha parella lucense foi condenada a 240 euros de multa cada un e 6 meses de inhabilitación para ter mascotas tras ser declarados culpables de maltrato animal ao can Yanko co que convivían na rúa Xulia Minguillón. Así, o Xulgado de Instrucción número 1 de Lugo considera probado o risco de “menoscabo e perxuizo á integridade física do animal” chegándolle a producir unha “patoloxía psíquica de fobia social e medo intenso”.
A denuncia foi interposta pola Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo e a sentenza foi resolta o pasado 16 de decembro fallando ademáis o decomiso definitivo do can máis o pago de costas procesais a cargo dos denunciados.
Segundo o propio xulgado queda probado que o animal estivo pechado durante meses sen saír da vivenda, na que o propio condenado declarou que vivían de ocupas. Segundo un dos laceiros, o can convivía con excrementos que levaban varios meses sen recoller.






