O concerto da cantautora galega MJ Pérez, previsto para hoxe ás 21.00 horas no salón Regio do Círculo, foi suspendido ante a crise do coronavirus. A directiva do Círculo está a comunicar a decisión da suspensión do concerto, acollendose ás recomendacións marcadas polas autoridades sanitarias e políticas fronte á crise actual. O ciclo Lubicán, organizado pola USC, Campus Terra, a Deputación e o Concello de Lugo forma parte da programación cultural deste 2020 e a actuación de hoxe ía ser a primeira no salón Regio de MJ Pérez, considerada unha das novas voces do panorama actual da música galega.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.