69 infectados na Residencia de O Incio

Sesenta e cinco usuarios e catro traballadores e a cifra que acaba de comunicar o Concello de O Incio, da que tivo constancia a esta mañá a través do Sergas dos resultados das probas PCR practicadas ao persoal e usuarios da Residencia, xestionada pola Fundación San Rosendo, tras o positivo dun traballador.

“O Goberno local mantén a súa total colaboración co centro para aquilo que poidan precisar. Ademais de reforzar os traballos de limpeza e desinfección non só na contorna da residencia senón en todo o termo municipal” Destaca o comunicado.

A maiores, o alcalde, Héctor Corujo, atópase en contacto permanente coa Xunta de Galicia para coñecer o protocolo a seguir e as accións a levar a cabo.bTras coñecer os resultados o rexedor vén de pedirlle ao Goberno Galego que “practique probas PCR á toda a poboación para tratar de atallar este brote canto antes.

Recoméndase a todos os veciños e veciñas seguir todas as medidas sanitarias, manter as distancias, facer un uso correcto da máscara e ser prudentes e responsables”.

Pola súa banda a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.783, deles 1.045 son da área da Coruña, 170 da de Lugo, 157 da de Ourense, 80 da de Pontevedra, 141 da área de Vigo, 113 da de Santiago, e 77 da de Ferrol. Esta actualización non inclúe casos de O Incio polo que a cifra incrementouse de xeito importante na Área de Lugo.

Do total de pacientes positivos, 6 están en UCI, 64 en unidades de hospitalización e 1.713 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.701 persoas curadas, rexistrándose 626 falecementos. A última persoa falecida foi un home de 90 anos que estaba ingresado no CHUAC e presentaba patoloxías previas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com