A Sala do Civil e Penal do TSXG confirma a sentenza da sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo na que condenou a dous anos de cárcere a un empresario por cometer un delito de apropiación indebida. Na sentenza de primeira instancia, os xuíces consideraron probado que o investigado se apropiou de 58.760 euros, os cales deberá devolver á denunciante, durante o proceso de adquisición de 270 toneladas de xurelo. Os maxistrados indicaron na resolución agora confirmada polo alto tribunal galego que o acusado, “en lugar de realizar as xestións acordadas ou devolver os cartos recibidos”, incorporounos o seu patrimonio.
O TSXG coincide coa Audiencia Provincial de Lugo en que existe proba suficiente para quebrar a presunción de inocencia do investigado, polo que rexeita o recurso de apelación. A sentenza non é firme, pois é recorrible ante o Tribunal Supremo.