A Xunta de Galicia activou o nivel de alerta 2 por altas temperaturas na zona centro, na montaña e no sur de Lugo.
Esta vaga de calor que afecta a toda a comunidade e que se prevé que dure polo menos ata o próximo martes 1 de xullo provoca unha sensación de calor intensa, xa que os termómetros alcanzaron este domingo os 39 ºC no sur de Lugo o que se corresponde co nivel laranxa e 36 ºC no centro e na montaña de Lugo onde permanece activo o nivel amarelo.
Debido a estas altas temperaturas que se agardan nas vindeiras horas, dende o 112 recomendan a importancia de seguir estas indicacións:
Beber auga e/ou bebidas con electrólitos con frecuencia.
Evitar as horas centrais do día.
Elixir comidas lixeiras.
Reducir a actividade física.
Asegurase de que os alimentos que se inxeren esten en bo estado.