CCOO denuncia as condicións dos traballadores do cemiterio obrigados “a traballar baixo un calor extremo”

O sindicato CC.OO esixe “explicacións inmediatas e contundentes aos concelleiros do BNG. Rubén Arroxo e Cristina López. e advirten que non permitirán esta situación e que tomarán todas as medidas legais e sindicais necesarias para garantir a protección e os dereitos dos traballadores municipais”

A Indignación e total en CCOO de Lugo que consideran unha “burla e irresponsabilidade do Concello”. O sindicato denuncia “o incumprimento absoluto da redución de xornada no cemiterio municipal, anunciada o luns día 30 de xuño de 2025 nun diario polo primeiro tenente de alcalde, Rubén Arroxo e a concelleira Cristina López, para protexer aos traballadores da vaga de calor”.

A noticia prometía que “o persoal do cemiterio descansaría entre a unha e as cinco da tarde. Pero a realidade, tras a visita de CCOO, é demoledora: os traballadores nin sequera foron informados do cambio, e onte mesmo houbo un enterro ás 13:30 h, obrigándoos a traballar baixo un calor extremo”.

Para CCOO, isto é unha grave neglixencia que pon en risco a saúde dos empregados. Mentres o Concello “vende” unha imaxe de preocupación nos medios, na práctica, ignora por completo aos seus traballadores.

.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com