A exposición reúne unha escolma das imaxes presentadas ao certame nas categorías de tema libre e «Casa» e poderá visitarse até o 14 de decembro.
A Biblioteca Intercentros acolle a inauguración da mostra fotográfica do XXXII Maratón Fotográfico, organizado no marco do Lugo Cultural. A exposición ofrece ao público unha selección das imaxes presentadas ao certame, que nesta edición contou con dúas categorías: tema libre e «Casa», o epígrafe proposto pola organización como temática desta convocatoria.
A escolma reúne diferentes perspectivas e interpretacións fotográficas arredor das propostas do concurso, permitindo descubrir a creatividade e a mirada das persoas participantes, tanto nas composicións de temática aberta como nas imaxes inspiradas no concepto de «Casa».
A mostra permanecerá aberta ao público no corredor de entrada da Biblioteca Intercentros até o 14 de decembro, constituíndo unha oportunidade para achegarse ao traballo das persoas participantes nesta trixésimo segunda edición do Maratón Fotográfico e gozar da fotografía no ámbito universitario.






