Os cines Codex estrean este venres os filmes “Diamanti” e “Á Deriva”

Esta semana os Codex Cinema estrean os filmes “Á DERIVA” e  “DIAMANTI”.

“Á DERIVA”,  filme dirixido por Jia Zhangke que nos propón un amplo retrato da China do século XXI, nunha viaxe que explora os cambios socioeconómicos da historia do seu país. Unha película memorable e de profunda orixinalidade.

Sinopse:  Qiao Qiao e Bin viven unha historia de amor tan intensa como fráxil na turbulenta China de principios deste século. Bin vese obrigado a buscar traballo noutra parte do país  e desaparece, mentres Qiao Qiao ten que decidir se vai tras del ou queda e agarda tempos mellores para a parella.

A outra estrea da semana é  “DIAMANTI”, filme italiano onde o seu director, Ferzan Özpetek, fai unha homenaxe a aqueles que están detrás das cámaras e que a veces non se lles recoñece nin valora o seu enorme traballo artesanal que leva cada peza de vestiario.

Sinopse: Un director convoca ás súas actrices favoritas, coas que traballou e ás que amou. Quere facer unha película sobre mulleres, pero non revela gran cousa: obsérvaas, toma exemplo, inspírase, ata que a súa imaxinación as catapulta a outra época, a un pasado onde o ruído das máquinas de coser enche un lugar de traballo dirixido e poboado por mulleres, onde os homes teñen pequenos papeis marxinais e o cinema pode contarse desde outro punto de vista: o do vestiario.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com