Unha moza perde a vida logo de chocar o seu coche contra un camión en Xermade

A vítima tivo que ser liberada polos Bombeiros de Vilalba.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o accidente produciuse pasadas as 11:00 horas de hoxe na LU-540, ao paso por Roupar, en Xermade.

Unha persoa particular utilizou o número único de emerxencias para avisar dun accidente, unha colisión entre un turismo e un camión, con posibles atrapados. Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que resolveron enviar unha dotación a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago. Sen embargo, este recurso foi anulado ao pouco tempo, porque, de forma case inmediata, confirmouse o falecemento da ocupante do turismo.

Así o corroboraron tamén os Bombeiros de Vilalba á súa chegada ao lugar do feitos. No obstante, a súa tarefa apenas comezaba, pois era necesaria a liberación da vítima, que estaba atrapada no interior do turismo. Non houbo máis persoas feridas nin afectadas neste accidente, tal e como confirmaron os equipos de emerxencias intervenientes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com