O concello de Lugo, ven de anunciar que o artista lucense Iván Mouronte será o deseñador do cartel do San Froilán 2025, logo da colaboración acordada entre o ente municipal e a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración para que cada ano un artista de Lugo se ocupe de do cartel das patronais.
Malia este cambio o concurso infantil de debuxo co que se escolle o cartel do do San Froilán Miúdo seguirá sendo por concurso, como se veu facendo ata de agora.
Na xornada de hoxe publicáronse no BOP as bases do concurso do San Froilán Miúdo, no que se especifica que o gañador ou gañadora obterá un premio de 300€. Os deseños deben presentarse en formato impreso ou dixital, en tamaño A4 a través da sede electrónica ou do rexistro presencial do Concello, no prazo dun mes, e despois será un xurado quen escolla o cartel gañador.