Contra o mediodía, un particular alertou ao 112 Galicia de que observaba un coche envorcado na avenida de Pontevedra, en Esporiz (Monterroso). Naquel momento, varias persoas trataban de sacar o implicado do vehículo. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Chantada, o GES de Monterroso e a Garda Civil de Tráfico.
Unha vez no punto, os membros do GES encargáronse da liberación do ferido, que estaba consciente e foi evacuado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.