A Xunta de Galicia editará en galego o libro “Descubre Lugo”, de José Luis Rodríguez Fernández

A Xunta de Galicia publicará a edición en galego do libro Descubre Lugo, obra de José Luis Rodríguez Fernández, segundo confirmou hoxe o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, durante o acto de presentación celebrado na Delegación Territorial.

O representante autonómico destacou “o minucioso traballo” realizado polo autor e “a acertada estrutura en municipios e comarcas, que a converten nunha guía verdadeiramente útil para explorar os atractivos do territorio, tanto os máis coñecidos como os fermosos recunchos escondidos”.

Arias subliñou tamén que esta publicación “afonda no propósito da Xunta de Galicia de descentralizar e desestacionalizar o turismo”, xa que ofrece “innumerables propostas e rutas dun ou varios días atractivas en calquera época do ano”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com