Presentado o Plan de Vialidade Invernal da Deputación para a temporada 2025-2026

Onte presentouse na Ribeira de Piquín o Plan de Vialidade Invernal da Deputación para a temporada 2025-2026. Un operativo composto por 112 persoas e 64 máquinas que terá por obxectivo garantir unha resposta “áxil e eficaz” antes as incidencias que poidan xurdir relacionadas co mal tempo nos máis de 4.000 quilómetros na rede viaria provincial.

A Institución Provincial sinalou a importancia de poder coordinar o traballo entre os medios propios da institución coas 8 empresas contratadas pola Deputación para a conservación e mantemento das vías no territorio.

Conta tamén cun total de 420 toneladas de sal distribuídas en 12 silos situados  nos concellos de Ourol, O Valadouro, Riotorto, Lugo, Becerreá, O Incio, Pedrafita do Cebreiro, Folgoso do Courel, Cervantes, Navia de Suarna, A Fonsagrada e Ribas de Sil. Estes silos tamén estarán dispoñibles para os 67 concellos da provincia en caso de emerxencias ou fortes temporais e cada un almacena 35 toneladas de sal de mina.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com