Abre o prazo de inscrición na edición do Lugo Termal 2025-2026

Este luns abriu o prazo de inscricións para participar na edición do Lugo Termal 2025-2026, a iniciativa que ofrece aos veciñas e veciñas da provincia descontos en tratamentos termais nos balnearios de Lugo, Pambre, Guitiriz e Pantón.

O programa Lugo Termal diríxese a persoas maiores de 50 anos empadroadas na provincia e inclúe prazas en dúas modalidades: con estancia e sen estancia. As prazas ofertadas con estancia ascenden ata as 1.320 e divídense en 48 para o Balneario Termas de Lugo; 72 para o Balneario Río Pambre; 600 no Balneario de Guitiriz; e outras 600 no Hotel Balneario Augas Santas.

En canto ás prazas sen estancia a institución provincial ofrece un total de 780: 240 no Balneario lucense das Termas, 180 no Balneario Río Pambre, 180 no Balneario de Guitiriz e 180 no Hotel Balneario Augas Santas.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com