Como cada ano, desde a Asociación Si, hai saída, alertamos da gravísima situación de desprotección que sufrirán as vítimas de violencia de xénero por mor das pontes e datas de Nadal, e que se fai especialmente evidente este ano, no que, dado como coinciden os días mais sinalados, durante, como mínimo, 23 deles, estas mulleres, os seus fillos e fillas, quedan a mercé dos seus maltratadores, xustamente cando mais risco corren polos factores que todos coñecemos (intercambio de menores, mais horas de convivencia, xuntanzas familiares, consumo de alcohol e outras sustancias, etc, etc),coas Ufam (Unidade de Familia e Muller) baleiras e os Xulgados baixo mínimos.
É absolutamente intolerable e imperdoable que, cando xa contabilizamos 43 mulleres asasinadas polas súas parellas ou ex parellas, e ante evidencias tan graves de desprotección como os fallos das pulseiras electrónicas, que se agochou durante tanto tempo, do que ninguén asume responsabilidades e que non se sabe cando se solucionará de xeito definitivo, se é que isto chega a suceder nalgún momento, se xogue, dun xeito tan irresponsable coas súas vidas, coas de menores, en aras do lecerdaqueles encargados de protexelas e que terían que estar mais atentos que nunca paraprevir, na medida do posible, o que pode ser irreparable, como mais asasinatos machistas.
Ninguén pon en dúbida o dereito ao descanso e ao lecer destes, se supón, profesionais, encargados de protexelas, a elas e aos menores, pero entendemosque se trata, sinxelamente dunha cuestión de organización, de vontade e de concienciación que, obviamente, non existen, deixando perfectamente claro a consideración real que lles merece unha lacra tan letal como é a violencia de xénero.
Chegamos a un punto no que está a dar a sensación de que xa se normalizou substituír a prevención, a protección, polos minutos de silencio, dos que xa non é preciso opinar. Non soamente non serven de nada, se non que fomentan o utilizar as vítimas para facer política e para o postureo.
Estamos a falar de vidas, de seres humanos, algo isto que cada vez se ten menos en conta nuns eidos e nunha sociedade en xeral cada vez mais deshumanizados.
Asociación Si, hai saída

