Semella que a falta de recursos na concellaría de Medio Rural, diso poden dar fe os veciños da zona rural, sumados as desavinzas co alcalde, foron o detonante para que a última concelleira en tomar posesión, fixérao hai escasos dous meses, tomara esta drástica decisión.
A partir de agora, e se non se amañan estes problemas, esta área deberá encomendárselle a outro concelleiro do grupo municipal socialista.
Así as cousas, a algunha ou algún edil do Psoe vaille caer o gordo sen xogar pois, esta área é unha das máis importantes do goberno e onde se xogan as maiorías polo que necesita dunha atención preferente.




