O Goberno de Becerreá convoca á veciñanza a unha sesión participativa sobre o futuro da praza do Concello

O Concello de Becerreá organiza o vindeiro martes 9 de decembro, de 19:00 a 20:30, unha sesión participativa aberta á veciñanza destinada a recoller necesidades, propostas e intereses de cara á planificación da futura praza do Concello e a súa contorna inmediata. A actividade celebrarase na Casa da Cultura de Becerreá (Rúa Eulogio Rosón, s/n) e non require inscrición previa.

A sesión enmárcase no proceso de planificación da nova praza que se impulsa tras o traslado da Casa do Concello ao seu novo emprazamento. O Concello promove este proceso coa colaboración e asesoramento técnico da Fundación RIA, entidade que está desenvolvendo a estratexia de humanización da contorna, na que se analizan as condicións urbanas, sociais e de mobilidade que inflúen na transformación deste espazo central da vila

Tras unha presentación da análise desenvolvida, abrirase unha quenda de intervencións, onde as persoas asistentes poderán achegar ideas, identificar necesidades e sinalar prioridades para que a nova praza responda ao uso diario da cidadanía e aos eventos comunitarios.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com