Reixtro Civil

Archivada a causa contra o loteiro investigado por simular un roubo na súa administración

O Xulgado de Instrución número 2 de Lugo decreta o sobresemento e arquivo das actuacións iniciadas tras a denuncia dun loteiro de Lugo por un presunto atraco sucedido o 4 de xaneiro de 2024 na súa administración, da que, segundo a súa versión, se levaron ao redor de 400.000 euros en metálico. A xuíza explica no auto que adopta a decisión, en aplicación do principio acusatorio, ante a ausencia dun escrito de acusación por parte do Ministerio Fiscal e a falta de acusacións particulares.

Así, na resolución explica que o Ministerio Fiscal emitiu un informe no que solicita o sobresemento provisional das actuacións “fronte a todos os investigados e polos distintos delitos que lles veñen sendo imputados”, por considerar que “non existen indicios suficientes para acreditar concerto para a comisión do delito de simulación de delito e estafa, nin para a acreditación do roubo con violencia e intimidación”. Contra o auto cabe presentar recurso.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com