Dúas persoas perden a vida nunha colisión frontal entre un camión e un turismo en Lugo

Dúas persoas perderon a vida nun grave accidente de tráfico rexistrado esta mañá no concello de Lugo, tras unha colisión frontal entre un camión e un turismo.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 07:10 horas, a través da chamada do condutor do camión implicado. Na comunicación indicaba que se producira unha colisión frontal entre o seu vehículo e un turismo na estrada LU-530, á altura do quilómetro 4, ao seu paso pola parroquia de Carballido. Ademais, advertía da posible presenza de persoas atrapadas no interior do turismo debido á forte violencia do impacto.

Desde a sala de operacións do 112 Galicia alertouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Lugo, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil. Ademais, tamén foron informados os membros do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Como consecuencia do accidente, faleceron os dous ocupantes do turismo. Pola súa banda, o condutor do camión non presentou feridas de consideración.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com