As protestas en Lugo recrudécense coo chegada de máis tractores para rodear por completo a Muralla

Nos últimos días, Lugo converteuse xa nun dos epicentros da protesta galega contra o tratado comercial entre a UE e Mercosur. Desde o pasado luns, cando agricultores e gandeiros se manifestaron diante da Xunta de Galicia e da Subdelegación do Goberno, os tractores permanecen na cidade, non deixando de chegar nos últimos días máis tractores desde distintos puntos da provincia para rodear por completo a Muralla.

A protesta ten carácter indefinido e os produtores anuncian un incremento das accións a medida que se achega o sábado, a data prevista para a sinatura formal do acordo en Asunción (Paraguai) entre as autoridades comunitarias e as de Brasil, Arxentina, Uruguai, Paraguai e Bolivia.

Os representantes das asociacións de produtores de leite e de carne aseguran que o acordo entre a UE e os países do Mercosur facilitará a entrada de produtos de inferior calidade e que non compren coas esixencias sanitarias, medioambientais e de benestar animal que teñen que cumprir os produtores europeos, sen que os controis en orixe e en fronteira vaian ser efectivos.

“Unha vez máis, tratan de enganarnos. Os países do Mercosur non recoñecen as garantías de salvagarda anunciadas polos políticos de Bruxelas coas que pretenden acalar as protestas que se están a suceder por toda Europa. As cláusulas espello son un conto chino, porque se non se aplican aos produtos que veñen de Marrocos, por que teriamos que pensar que a UE as vai aplicar aos que van vir de Suramérica?”, argumentan.

Hoxe entrevistaronse coa nova Presidenta da Deputación á que lle pedíron que fale co Ministro de Agricultura, Luis Planas, e co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, membros do seu mesmo partido, para que se opoñan ao acordo, en defensa dos intereses dos agricultores e gandeiros españois, igual que fixeron os dirixentes de países como Francia, Austria, Polonia e Hungría.

Tamén a esta hora están a reunirse coa Conselleira de Medio Rural María José Gómez.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com