Chelo Gayoso Díaz gaña o L Certame Nacional de Poesía sobre o Nadal

Reunido o Xurado do L Certame Nacional de Poesía sobre o Nadal, convocado polo Centro cultural José Dominguez Guizán de Begonte, formado por Xavier Rodríguez Barrio, escritor; Sara Blanco Díaz e María Jesús Blanco Díaz, da Comisión de Cultura do centro cultural convocante, e Xulio Giz Ramil. Presidente do Centro, que actúa como Secretario, acordaron premiar os traballos dos seguintes autores:

Premio Begonte de Poesía, dotado con 1.000€ e diploma, a Chelo Gayoso Díaz, residente en San Martiño de Guillar (Outeiro de Rei-Lugo), polo seu poema “A Luz de Begonte”.

Segundo Premio, dotado con 500€ e diploma, a José Antonio Malo Fernández, de Salinas de Pisuerga-Palencia, `polo poema “Donde tú te hiciste nuestro”.

Pola calidade do traballo, concédese unha Mención de honra, dotada co diploma, a Pablo Nogueira Campo, de Ourense, polo poema “Belén é Begonte”.

Os premios serán entregados o príximo 31 de xaneiro, no decurso dos actos de clausura de O Nadal de Begonte.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com