Dúas persoas perden a vida nun accidente entre un coche e un camión en Antas de Ulla

Eran as 16:45 horas cando un particular contactou co 112 Galicia para informar dunha colisión entre un turismo e un camión que se atopaba detido na vía. O alertante indicaba que no interior do vehículo viaxaban dúas persoas, que permanecían atrapadas e que poderían estar falecidas.

De inmediato, desde a sala de operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Chantada, ao GES de Monterroso e aos axentes da Garda Civil de Tráfico. Así mesmo, tamén se deu aviso ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Finalmente, confirmouse o falecemento dos dous ocupantes do turismo, un matrimonio veciño do Concello de Antas de Ulla.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com