Os Codex Cinema estrean este fin de semana o filme “Ao final da escapada”, unha versión restaurada en 4K da emblemática película de Jean-Luc Godard, protagonizada por Jean-Paul Belmondo e Jean Serberg, supuxo unha revolución no cine moderno e foi determinante na fundación da Nouvelle Vague .
Preséntase en Codex despois de ter proxectado estas semanas a homenaxe que Richard Linklaker tributou ao seu autor co filme Nouvelle Vague.
Sinopse: Michel Poiccard é un ex figurante de cine admirador de Bogart. Despois de roubar un coche en Marsella para ir a París, mata fortuitamente a un motorista da policía. Sen ningún remordemento polo que acaba de facer, continúa a súa viaxe. En París busca a Patricia, unha moza estadounidense de familia rica que aspira a ser escritora e vende o New York Herald Tribune polos Campos Elíseos; ela soña tamén con matricularse na Sorbona e escribir algún día nese periódico. Pensa que en Europa atopou a liberdade que non coñeceu en América. O que Michel






