O Centro de Control de cunca da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil informa no día de hoxe, 27 de xaneiro, que a estación do Sistema Automático de Información Hidrológica (SAIH), N001 no río Miño en Lugo, rexistra uns niveis que superan o umbral de pre-alerta (nivel LARANXA) cunha evolución que fai previsible situacións significativas de crecida.
Por elo, dende a Área de Transición Ecolóxica informamos de que non se recomenda o tránsito peonil no tramo do Paseo do Miño entre o Balneario de Lugo e o Restaurante o Muíño pola crecida do río ao seu paso pola cidade.
Ademais, faise un chamamento á cidadanía para pedirlle que non se acheguen ata as zonas inundables próximas aos ríos, evitando correr riscos innecesarios para non poñer en perigo a súa seguridade.






