Ser de alguén

A pregunta “de quen ves sendo?” é habitual no noso rural e aínda nos pobos, por estimar que nos axudará a identificar ao interlocutor. Que non é privativo desta fin do mundo, pois a pregunta formulárona musicalmente alto e claro – “Y tú, de quién eres? – os andaluces “No me pises que llevo chanclas” a finais dos anos oitenta. Porque ademais de nós, somos froito das nosas circunstancias, e pasamos de ser fillos a consortes; logo a pais, e de pais a avós, de maneira que se evidencia un vencello, case propiedade, que nos identifica con claridade meridiana.

Pasei uns días fóra de Lugo, orfo de novas, alimentándome só das redes, percibindo da nosa cidade só dúas noticias luctuosas: Os pasamentos de Josefa Besteiro e María Luisa Posada, polo que aproveito para, dende Xornaldelugo, enviar as miñas garimosas condolencias ás súas familias.

De Josefa, menciónase ser nai de José Ramón Gómez Besteiro, político relevante, que ao citarse en orde ascendente respeta unha cronoloxía que parece elemental. Pero de María Luisa o que primeiro se menciona -a actualidade manda- é o de ser nai das irmáns Pardo de Vera, política e xornalista, quedando en segundo lugar os outros tres fillos, e o viuvo, Xerardo Pardo de Vera, avogado, cronista parlamentario en La Voz, e Exalcalde de Becerreá en clara victoria no que se consideraba feudo dos Rosón. E quero lembrar da falecida o seu carácter de profesora e as súas vibrantes intervencións nos debates da antiga TVL.

Os pais perdemos protagonismo na medida en que as novas xeracións se incorporan. En definitiva, está ben, porque o sol que brilla para todos vai iluminando máis forte por onde pasa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com