Plan de tráfico especial para os días 23 e 24 na rolda das Fontiñas

O Goberno Local levará a cabo os vindeiros días 23 e 24 de marzo unha actuación de reposición do pavimento na rolda das Fontiñas, o que obrigará a modificar temporalmente a circulación na zona. En concreto, quedará cortado o carril de baixada entre a rolda das Fontiñas e o Carril dos Indios en dirección á rúa San Eufrasio.

Durante estas dúas xornadas, correspondentes ao xoves e venres, a vía non se pechará completamente ao tráfico. Os dous sentidos de circulación habilitaranse de maneira provisional polo carril restante e polas prazas de estacionamento situadas xunto á mediana no outro lado da calzada. Así mesmo, o tramo comprendido entre os números 62 e 96 funcionará como vía de dobre sentido, mentres que o estacionamento quedará restrinxido no marxe esquerdo.

O Concello garantirá en todo momento o tránsito peonil, así como o acceso a vivendas, garaxes e locais comerciais, habilitando espazos seguros para os desprazamentos. Ademais, prestarase especial atención ao paso dos autobuses, que contarán cun itinerario alternativo debidamente sinalizado para facilitar a circulación e os xiros.

Os traballos previstos inclúen tarefas de fresado e aglomerado no cruce da Rolda das Fontiñas co Carril dos Indios, concretamente entre os números 72 e 77. Esta intervención supón a fase final das obras realizadas recentemente para reparar un colector da rede de saneamento, unha actuación clave para mellorar as infraestruturas de abastecemento da cidade.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com