Celebración dos 50 anos de ADEGA

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e o Consello da Cultura Galega celebrarán o vindeiro 1 de xuño un acto conmemorativo polos 50 anos de traxectoria da histórica organización ecoloxista galega. A xornada terá lugar desde as 17:00 horas na sede do Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela, coincidindo coas vésperas do Día Mundial do Medio Ambiente.

O programa inclúe a proxección do documental A Terra por gañar, unha peza audiovisual que repasa a evolución de ADEGA desde a súa fundación até a actualidade a través de testemuños de figuras destacadas do ecoloxismo galego. Tras a proxección desenvolverase unha mesa redonda coa participación de Ramón Varela Díaz, Adela Figueroa Panisse, Pilar Bermejo Barrera e Fins Eirexas, moderada pola xornalista Belén Rodríguez.

Durante o acto tamén se entregará o libro ADEGA: 50 anos coidando a terra, unha publicación que recolle a historia da entidade e o seu papel nas principais mobilizacións ambientais de Galiza.

Fundada nos anos 70, en pleno contexto da ditadura franquista e dos primeiros avisos sobre a crise ambiental, ADEGA converteuse nun referente do ecoloxismo galego

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com