Arasladou a súa preocupación polo estado de conservación de varias infraestruturas do barrio e reclamou ao Concello unha intervención para corrixir as deficiencias detectadas en distintas vías.
A entidade veciñal sinala as rúas Doutor Ochoa e Saúde como exemplos dunha situación que, ao seu xuízo, require unha maior atención por parte da administración local. Entre os problemas identificados figuran o estado do alcantarillado nos puntos de unión coa calzada e os ruídos procedentes das tapas das arquetas, cuestións que, segundo indican, afectan ao día a día da veciñanza.
Desde o colectivo veciñal tamén se destaca a importancia de desenvolver labores periódicos de conservación e mellora dos espazos públicos, especialmente en áreas urbanas que presentan un uso intensivo e requiren un seguimento continuado do seu estado.
A Plataforma de Veciños da Residencia fai así un chamamento ao Concello para que avalíe a situación destas rúas e adopte as medidas que considere oportunas co fin de mellorar as condicións das infraestruturas e responder ás demandas trasladadas pola veciñanza.






