Un incendio forestal permanece activo na tarde deste luns no municipio lucense de Xermade, onde xa afectou a máis de 20 hectáreas, segundo a estimación provisional facilitada pola Consellería do Medio Rural.
O lume iniciouse ás 14.51 horas na parroquia de Roupar. Nas tarefas de extinción participan catro helicópteros, cinco avións, oito brigadas, sete motobombas, cinco axentes e dous técnicos.
Pola súa banda, o Ministerio de Defensa informou do envío de tres avións apagalumes para colaborar nos labores de extinción, despois de intervir noutros incendios rexistrados en Galicia. O departamento sinalou que segue “moi pendente” da evolución da situación na comunidade.






