Veciños de Conturiz denuncian que o anterior Goberno municipal ignorou durante 16 anos unha situación de inseguridade

A paciencia de veciños de Conturiz parece ter chegado ao límite. Segundo denuncian algúns residentes na zona, levan 16 anos reclamando ao Concello de Lugo que actúe sobre varias parcelas que permanecen sin mantemento de ningunha clase, unha situación que, aseguran, ten desolado aos propietarios lindeiros e supón un risco para a seguridade, especialmente pola proximidade dun depósito de propano dunha das vivendas.

As primeiras reclamacións remóntanse ao ano 2010, cando presentaron un escrito no servizo municipal de Medio Ambiente solicitando que se fixese cumprir a normativa. Afirman que responsables municipais visitaron a zona para comprobar o estado das leiras, pero que, desde entón, non se adoptou ningunha medida efectiva para resolver o problema.

Os afectados  subliñan que, ao longo destes anos, reiteraron as  denuncias sen obter resposta. A preocupación aumentou tras os incendios rexistrados o pasado ano 2025, daquela decidiron recorrer á Policía Local, que inspeccionou o lugar e levantou a correspondente denuncia formulada polos estes veciños. Con todo, aseveran que máis dun ano despois non se sabe que poasou coa denuncia.

Os afectados aseguran que estaban a valorar a presentación dunha denuncia xudicial contra o concello e os responsables pola falta da actuación municipal, pero o recente cambio do Goberno local, levounos a conceder unha nova marxe de confianza ao novo Executivo.

Mentres tanto, as parcelas seguen acumulando vexetación e o malestar entre estes veciños medra día a día. Consideran que dezaseis anos son tempo máis que suficiente para que unha administración resolva un problema que, ao seu xuízo, afecta tanto á seguridade como á calidade de vida da contorna e cualificaron de desleixo o comportamento do anterior equipo de Goberno.  Agora agardan que o novo  actúe con rapidez e poña fin a unha situación que describen como un exemplo de abandono administrativo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com