O Concello de Lugo suspende varias actividades deportivas ao aire libre pola alerta por calor

O Concello de Lugo suspendeu as actividades deportivas ao aire libre previstas para a tarde deste luns, 6 de xullo, como medida de prevención ante a onda de calor e tras a decisión da Administración autonómica de paralizar as actividades federadas no exterior entre as 12.00 e as 20.00 horas.

As actividades afectadas son a sesión de ximnasia programada na praza Viana do Castelo, a de pilates na contorna da Beira do Miño e a iniciativa Activa o teu corpo, na praza do Castiñeiro. As tres estaban previstas entre as 18.30 e as 19.30 horas.

Segundo informou o Concello, a suspensión responde a criterios de prevención para evitar riscos derivados das altas temperaturas. Ao tratarse de actividades sen inscrición previa, os monitores desprazaranse aos puntos de encontro para informar da cancelación ás persoas que acudan.

As autoridades recomendan limitar a actividade física nas horas centrais do día, manter unha correcta hidratación e evitar a exposición prolongada ao sol mentres se manteñan as elevadas temperaturas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com