Unha persoa falece nun accidente na A-6 nas inmediacións da vía de entrada ao Ceao

Unha persoa perdeu a vida este domingo nun accidente de tráfico rexistrado na autovía A-6, ao seu paso pola parroquia de Pías, no municipio de Lugo. O sinistro produciuse despois de que o turismo no que viaxaban as vítimas se saíse da vía e dese varias voltas de campá no quilómetro 501, en sentido A Coruña.

Os  servicio de emerxencias do 112 Galicia recibiu o aviso arredor das 16:30 horas a través de varias chamadas de particulares, que alertaban de que un vehículo sufrira unha aparatosa saída de vía e de que podía haber persoas atrapadas no seu interior.

Ata o lugar desprazouse un amplo operativo integrado por efectivos do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Lugo, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e persoal de mantemento da vía.

Os servizos sanitarios confirmaron o falecemento dunha das persoas que ocupaban o vehículo, mentres que a outra foi trasladada ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) para recibir asistencia médica.

Segundo informaron os Bombeiros de Lugo ao remate da intervención, foi necesario excarcerar o copiloto, que falecera no interior do turismo. Pola súa banda, o condutor, que resultou ferido, fora retirado previamente do vehículo por particulares que se atopaban no lugar do accidente antes da chegada dos equipos de emerxencia.

As circunstancias nas que se produciu o sinistro están a ser investigadas polas autoridades competentes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com