A explanada da Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle desde este 17 de outubro e ata o día 31 a mostra Arte para levar. Cultura en movemento, unha iniciativa impulsada polo Espacio Lupa Arte e apoiada pola Xunta.
A exposición viaxa nun camión clásico acondicionado como galería itinerante e presenta TRADI. Mostra de arte no Camiño, da artista barallesa Esther López. A proposta reúne unha trintena de fotografías centradas no patrimonio cultural inmaterial de Galicia.
A súa chegada a Lugo pon fin a un percorrido que incluíu tamén as localidades de Abadín, Vilalba, Baamonde e Portomarín. O proxecto busca achegar a creación artística a diferentes puntos do territorio mediante un formato expositivo móbil.






